«O Quiroga Trail Challenge tamén se achega aos máis pequenos da comarca»

A organización prepara unha carreira para todos os nenos e nenas dos centros educativos do Xeoparque Montañas do Courel.
Efectivamente, ninguén pode quedar sen festexar o X aniversario do principal evento do trail running galego; por esta razón a organización ten xa planificada unha carreira para todos os escolares dos tres centros educativos do Xeoparque.
Nesta iniciativa, outra das novidades desta edición, participarán un total de 210 alumnos e alumnas, de entre 3 e 14 anos, das etapas de educación infantil, educación primaria e educación secundaria, procedentes dos centros dos tres concellos: o CEIP de Quiroga, o CEIP de San Clodio e o CPI Poeta Uxío Novoneyra.
A carreira contará con varias distancias, adaptadas  ás diferentes idades dos participantes, e terá lugar no campo de fútbol de Quiroga o día 22 de febreiro, ás 11 da mañá.
» Queremos promover este deporte nos máis pequenos e, ao mesmo tempo, que comecen a sentir o espíritu QTC como algo seu, da súa terra», sinala Blas Rodríguez, responsable do evento.
A organización quere agradecer tamén a absoluta implicación dos tres concellos participantes: Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel; así coma a colaboración do Xeoparque Mundial da Unesco e, como non, de todo o profesorado que apladiu a iniciativa desde o primeiro momento.

Sen dúbida, será unha xornada para o desfrute vendo sudar a camiseta aos máis picariños na #festadotrailgalego!