#afestadotrailgalego

Los Voluntarios del QTC son el mayor valor de esta carrera, este es nuestro homenaje para todos ellos/as

Síguenos en: 

Nesta Novena Edición do QTC manteremos a tolemia da oitava edición cun evento de dous días e dúas carreiras! Realizamos moitos cambios, e non por vontade propia: os graves incendios ocorridos en xullo de 2022 que arrasaron 12.000 hectáreas de monte obrigáronnos a tomar esta decisión.

Non entendemos realizar a carreira por zonas queimadas por dúas razóns: unha, a grave deterioración ecolóxica que pode ocasionar o paso dos corredores polas zonas afectadas e, por outro lado, porque suporía un perigo para os mesmos, ao correr por esas zonas onde vos atopariades restos de vexetación queimada.

En definitiva, consideramos que correr por zonas queimadas non é unha opción, nin adecuada nin divertida.

A idea era conservar, dentro do posible, todo o percorrido de zonas non queimadas e, ao mesmo tempo, manter as distancias e o desnivel. O único que se nos ocorreu foi unir Castelo e Lor.

Trátase dunha idea xa antiga para facer unha gran ultra de 100 kms, pero esta vez no sentido contrario ao seu percorrido habitual. Cremos que tanto a ultra como a maratón serán carreiras moi divertidas e técnicas. Non vos fiedes da perda de distancia na ultra porque o terreo por onde discorrerá seguramente aumentará a súa dureza.

Cremos que descubriredes os lugares máis recónditos do Xeoparque Montañas do Courel, onde dificilmente iríades se non fóra pola propia carreira.

PUROCOUREL

_________________

En esta Novena Edición del QTC mantendremos la locura de la octava edición con un evento de ¡dos días y dos carreras! Hemos realizado muchos cambios, y no por voluntad propia. Los graves incendios ocurridos en julio de 2022 que arrasaron 12.000 hectáreas de monte nos han obligado a tomar esta
decisión.
No entendemos realizar la carrera por zonas quemadas por dos razones: una, el grave deterioro ecológico que puede ocasionar el paso de los corredores por las zonas afectadas y, por otro lado, porque supondría un peligro para los mismos al correr por esas zonas donde os encontraríais restos de vegetación quemada.
En definitiva, consideramos que correr por zonas quemadas no es una opción, ni adecuada ni divertida.
La idea era conservar todo el recorrido de zonas no quemadas, dentro de lo posible y, al mismo tiempo, mantener las distancias y el desnivel. Lo único que se nos ocurrió fue unir
Castelo y Lor.
Se trata de una idea ya antigua para hacer una gran ultra de 100 kms, pero esta vez en el sentido contrario a su recorrido habitual. Creemos que tanto la ultra como la maratón serán carreras muy divertidas y técnicas. No os fiéis de la pérdida de distancia en la ultra porque el terreno por donde discurrirá seguramente aumentará su dureza.
Creemos que descubriréis los lugares más recónditos del Xeoparque Montañas do Courel, por donde difícilmente iríais si no fuese por la propia carrera.

PUROCOUREL

PULSA EN CADA IMAGEN PARA TENER MÁS INFO DE RECORRIDOS, TRACS Y PERFILES DEL TRAIL DO CASTELO O TRAIL DO LOR

MAS INFO